Canto de andar 作词 : ROMERO COPO, JOSE BENITO 作曲 : VARELA PEREZ, JULIO / COMA VEGA, EDUARDO / ROMERO COPO, JOSE BENITO Amence paseniño nas terras do solpor. As brétemas esváense coas raiolas do sol. Meu amor, meu amor, imos cara o maior. Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén. Acariña o silencio e escoita o corazón. Que moitos dos teus soños latexan ao seu son. Meu amor, meu amor, imos cara o maior. Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén. É tempo de camiño andar e de non esquecer. Que o futuro que ha de vir é o que has de facer. Meu amor, meu amor, imos cara o maior. Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén. E o sol vai silandeiro deitándose no mare. Facéndonos pequenos con tanta inmensidade. Meu amor, meu amor, imos cara o maior. Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.