Memoria da noite Madrugada, o porto adormeceu, amor a lúa abanea sobre as ondas piso espellos antes de que saia o sol na noite gardei a túa memoria Perderei outra vez a vida cando rompa a luz nos cons perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar Veu o loito antes de vir o rumor levouno a marea baixo a sombra barcos negros sulcan a mañá sen voz as redes baleiras, sen gaivotas E dirán, contarán mentiras para ofrecerllas ao Patrón quererán pechar cunhas moedas, quizais os teus ollos abertos sobre o mar quererán pechar cunhas moedas, quizais os teus ollos abertos sobre o mar Madrugada, o porto despertou, amor o reloxo do bar quedou varado na costeira muda da desolación non imos esquecer, nin perdoalo volverei, volverei á vida cando rompa a luz nos cons porque nós arrancamos todo o orgullo do mar non nós afundiremos nunca máis que na túa memoria xa non hai volta atrás non nos humillaredes nunca máis non nos humillaredes nunca máis